Contratan obras de emerxencia para cambiar a cuberta do Pavillón de Monte Carrasco

Pontevedra
04 de xaneiro 2024

Esta instalación deportiva de Monte Carrasco ten importantes filtracións de auga no interior que se agravaron cos temporais rexistrados os pasados meses de outubro e novembro que causaron danos na cuberta que impiden o uso do pavillón

Choiva no interior do pavillón de Monte Carrasco / Olga González

O goberno local de Pontevedra aprobou este venres obras de emerxencia no Pavillón de Marcón.

Esta instalación deportiva de Monte Carrasco ten importantes filtracións de auga no interior que se agravaron cos temporais rexistrados os pasados meses de outubro e novembro que causaron danos na cuberta que impiden o uso do pavillón. 

A auga acumúlase no canlón afectando á zona de bancada e as pistas.

Segundo informou o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, a Xunta de Goberno adxudicou estas reparacións de emerxencia á empresa Ramírez por 146.000 euros. 

As obras contratadas teñen prevista a substitución dos paneis da cuberta, a modificación dos canlóns, aliviadoiros de auga e a impermeabilización da cuberta da zona dos vestiarios.