Convocan unha concentración ante as "deficiencias" na atención sanitaria en Cuntis

Umia
02 de novembro 2021

O Concello de Cuntis convocou este martes unha xunta de portavoces extraordinaria co obxecto de tratar as deficiencias e falta de persoal que sofre o centro de saúde

Centro de saúde de Cuntis
Centro de saúde de Cuntis / Concello de Cuntis

O Concello de Cuntis convocou este martes unha xunta de portavoces extraordinaria co obxecto de tratar as deficiencias e falta de persoal que sofre o centro de saúde.

Á xuntanza asistiron o alcalde Manuel Campos e os concelleiros Conchy Campos e Jose Treviño por parte do PSOE, Isabel Couselo polo PP e Santi Martínez como representante de Veciñanza.

Ante a "situación insostible" para as veciñas e veciños de Cuntis acordaron concertar unha solicitude de reunión co conselleiro de Sanidade na que participarán representantes de todos os grupos políticos.

Ademais, decidiron convocar unha concentración de protesta o 19 de novembro ás 13:00 horas diante do centro de saúde.