Convocan unha nova protesta para esixir un bacharelato totalmente presencial

Pontevedra
03 de outubro 2020

As familias do alumnado de bacharelato dos institutos Sánchez Cantón e Valle Inclán convocaron unha nova concentración para o mércores 7 de outubro para esixir á Xunta a igualdade de condicións educativas a través do 100% de presencialidade

Reunión co PP cos representantes das familias do alumnado de bacharelato PP de Pontevedra

As familias do alumnado de bacharelato dos institutos Sánchez Cantón e Valle Inclán convocaron unha nova concentración para o mércores 7 de outubro para esixir á Xunta a igualdade de condicións educativas a través do 100% de presencialidade.

Unha representación destes pais e nais reuniuse este venres co portavoz do grupo municipal do Partido de Popular en Pontevedra, Rafa Domínguez, e a concelleira  Pepa Pardo, para explicar a súa situación.

Domínguez afirmou que "a prioridade da Xunta, e que compartimos desde a miña formación, é a educación presencial".

Os populares comprometéronse con estes afectados a dar traslado das súas demandas á Xunta e emprazaron aos pais e nais a seguintes reunións para seguir avaliando a organización das clases.

"Sabemos o que se xoga o alumnado, nun contexto de crise social e económica, sementados de dúbidas. Entendemos perfectamente a súa situación e a nosa liña de traballo, como a da Xunta de Galicia, sitúase en dar coa mellor solución para todas as partes implicadas", dixo Rafa Domínguez nun comunicado.