Corte de tráfico por obras na rúa José Malvar por risco de afundimento na calzada

Pontevedra
05 de agosto 2021

Os vehículos serán desviados pola rúa da Sequiña por precaución, logo de que os técnicos do Concello de Pontevedra detectaran un risco de afundimento na calzada, relacionado coa canalización do río Valdecorvos

Corte de tráfico por obras na rúa José Malvar por risco de afundimento na calzada
Corte de tráfico por obras na rúa José Malvar por risco de afundimento na calzada / PontevedraViva

O carril dereito de subida da rúa José Malvar permanecerá cortado desde este xoves ao tráfico rodado.

Os vehículos serán desviados pola rúa da Sequiña por precaución, logo de que os técnicos do Concello de Pontevedra detectaran un risco de afundimento na calzada, relacionado coa canalización do río Valdecorvos.

O Concello procederá de inmediato co arranxo da calzada, pechando o tráfico de subida o tempo que sexa preciso até rematar coas obras que permitan a resolución total da incidencia.

A Administración local contactará con Augas de Galicia por se tratar dunha obra hidráulica na canalización dun río.

Desde hai varios días había unha plancha metálica na calzada sobre a zona afundida pero diante do empeoramento da situación os técnicos aconsellaron actuar antes de que se produza algún problema a maiores.