Os traballos de reposición do asfalto derivados das obras de soterramento da liña de media tensión de Fenosa continúan avanzando en Pontevedra.
O Concello informou que, a partir do luns 10 de novembro, está previsto iniciar a reposición da capa de rodadura na rúa Conde Bugallal.
Será no tramo comprendido entre Otero Pedrayo e o cruzamento do Marco.
Con motivo destas actuacións, a Policía Local procederá ao peche do carril de saída da cidade neste treito.
Non obstante, a glorieta do cruzamento do Marco non se verá afectada, polo que continuará habilitado o acceso á cidade por esta zona.
Debido ás restricións de tráfico, os vehículos procedentes de Eduardo Pondal–Otero Pedrayo e os de Conde Bugallal deberán utilizar Josefina Arruti en dirección ao nó do Pino para saír da cidade.
Recoméndase ás persoas condutoras que planifiquen os seus desprazamentos e empreguen vías alternativas mentres duren os traballos.