Cruz Vermella, Cermi e Cáritas recibiron 60.000 máscaras para a súa distribución entre os máis vulnerables

Pontevedra
22 de setembro 2020

Maica Larriba agradece a colaboración da Deputación de Pontevedra para o reparto de case cen mil unidades de protección individual entre os concellos máis pequenos

A subdelegada do Goberno cos representantes da Cruz Vermella, Cáritas e Cermi
A subdelegada do Goberno cos representantes da Cruz Vermella, Cáritas e Cermi / Subdelegación del Gobierno

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, entregou este luns 60.000 máscaras a las entidades sociais da provincia para o seu reparto entre a poboación máis vulnerable.

En concreto, entregáronse 60.000 máscaras para a Cruz Vermella, Cáritas e Cermi (Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidad) coa finalidade de ser distribuídas entre a poboación máis vulnerable da provincia.

Larriba agradeceu aos representantes das tres entidades sociais esta nova colaboración co Goberno de España para a distribución deste material de protección individual. Os tres voceiros agradeceron esta nova entrega subliñando que para moitas familias cunha situación de vulnerabilidade resultaba moi complicado acceder a este material que agora é de obrigado uso na rúa.

Posteriormente, a subdelegada mantivo unha videoconferencia coa presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, á que quixo agradecer persoalmente a dispoñibilidade e colaboración para o reparto de 97.500 máscaras entre os concellos de menos de vinte mil habitantes da provincia. "Quero agradecer a continua dispoñibilidade da Deputación para colaborar co Goberno de España na distribución destas máscaras entre os concellos", recalcou Larriba.

Pola súa banda, Carmela Silva tamén agradeceu que dende a Subdelegación do Goberno se conte coas entidades locais para facer chegar as máscaras a poboación que máis o necesita.

En total os 61 concellos da provincia de Pontevedra contarán con 240.000 máscaras para a súa distribución a través dos servizos sociais coincidindo co comezo do curso escolar de cara a atender as necesidades das familias mais vulnerables.