Cuntilín Nadal volve a Cuntis para facilitar a conciliación familiar nestas datas

Umia
18 de decembro 2020

Desde este venres 18 xa se poden formalizar as inscricións para participar no programa de conciliación familiar

Nenos participantes no Cuntilín Verán Concello de Cuntis

Con motivo das próximas vacacións escolares e as necesidades de conciliación que se expoñen nas familias, o Concello de Cuntis anuncia a apertura do prazo de inscricións no programa Cuntilín Nadal.

A iniciativa está dirixida a nenos e nenas desde tres ata os doce anos. As actividades desenvolveranse os días 23, 28, 29 e 30 de decembro; así como os días 4, 5 e 7 de xaneiro. O horario é de 09.00 a 14.00 horas e o lugar o CPI Don Aurelio.

Poden anotarse tanto aos menores que participan durante o resto do ano no programa Cuntilín, como a aqueles que non tomasen parte; pero nese caso é necesario formalizar a inscrición.

Desde este venres 18 xa poden facelo nas oficinas do Concello de Cuntis.