Cuntis, Barro, Moraña, Portas e Campo Lameiro darán continuidade ao proxecto de prevención de conductas aditivas

Umia
06 de maio 2025
Actualizado: 13:49

Dentro deste proxecto, cofinanciado por estes cinco concellos, desenvolveranse varios programas preventivos no ámbito escolar, familiar, xuvenil e comunitario

Os alcaldes de Moraña, Barro, Cuntis e Portas Concello de Cuntis

Os alcaldes dos Concellos de Cuntis, Barro, Moraña, Portas e Campo Lameiro mantiveron este martes unha reunión de traballo para dar continuidade ao proxecto de prevención das condutas adictivas no eido local.

Este servizo da cobertura á poboación destes cinco municipios.

Dentro deste proxecto, cofinanciado por estes cinco concellos, desenvolveranse varios programas preventivos no ámbito escolar, familiar, xuvenil e comunitario.

O obxectivo é potenciar hábitos e estilos de vida saudable e promover a prevención das condutas adictivas especialmente entre a súa xuventude e as familias con fillos en etapa escolar.

Son funcións do servizo de prevención de condutas aditivas o atender e canalizar as demandas de información, asesoramento e formación en relación coas drogas no seu ámbito territorial de actuación.

Desde esta unidade tamén planifican, programan, coordinan, executan e avalian programas de prevención de drogodependencias nos diferentes ámbitos de intervención: educativo, familiar, xuvenil, laboral ou poboacións vulnerables.

Ademáis é un nexo de unión e de coordinación coas distintas entidades que potencialmente poidan estar implicadas no proxecto no ámbito do seu territorio de actuación, tales como: centros escolares, sociais, sanitarios, entidades veciñais e de todo tipo.

Difundir á sociedade as estratexias preventivas que se estean realizando no seu territorio, así como os resultados alcanzados con elas, é outra das suas funcións.

Entre outros servizos esta unidade presta asesoramento sobre tratamentos de deshabituación de drogas, derivación centros asistenciais, ademáis de asesoramento sobre tratamentos das adiccións sen substancias (abuso TIC, xogos de azar).

Tamén se aplica programas preventivos da carteira de servizos da Consellería de Sanidade.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora