Cuntis convoca unha concentración para protestar pola "mala asistencia sanitaria" no centro de saúde

Umia
07 de abril 2018

Ante a "mala asistencia sanitaria" que se está a prestar no centro de saúde de Cuntis, por unanimidade de todos os grupos da corporación, PP, PSOE, Veciñanza e BNG, foi aprobada a proposta presentada polo alcalde Manuel Campos para participar nunha concentración de protesta o luns 16 de abril ás 13 horas

Centro de saúde Espadenal, en Cuntis Concello de Cuntis

Ante a "mala asistencia sanitaria" que se está a prestar no centro de saúde de Cuntis, por unanimidade de todos os grupos da corporación, PP, PSOE, Veciñanza e BNG, foi aprobada a proposta presentada polo alcalde Manuel Campos para participar nunha concentración de protesta o luns 16 de abril ás 13 horas.

O grupo de goberno adopta esta postura despois de certificar que a asistencia sanitaria non mellorou despois das xestións levadas a cabo con todos os grupos parlamentarios.

Segundo apunta o goberno local, o centro de saúde de Cuntis ten que atender unha media de 30 citas diarias, unha cifra que se incrementa os días de ausencia dalgún dos tres facultativos que atenden este servizo na actualidade. Pedir cita estes días supón unha espera de cinco días para poder ser atendido por un médico.

Esta falta de atención traslada o problema polas tardes ao Punto de Atención Continuada de Caldas de Reis que sofre as consecuencias.