Cuntis estrea un novo sendeiro cunha multitudinaria andaina

Umia
04 de maio 2023

O pasado día 30 de abril, un roteiro guiado pola Lagoa de Zo e o Castro de Arcos reuniu a preto de sesenta veciños

Participantes nunha andaina en Cuntis por castro dos Arcos e a laguna de Zo

O Concello de Cuntis organizou un novo sendeiro guiado por Moncho Reigada (experto en fauna e flora) e Fran Ameixeiras (experto en arqueoloxía) para poñer en valor o entorno paisaxístico e arqueolóxico do municipio.

Esta senda completamente sinalizada polo Concello arrinca na zona de Ferreiros e transcorre por elementos patrimoniais de gran valor como o castro de Arcos ou a famosa lagoa de Zo. Un camiño de oito quilómetros que realízase de forma circular.

Sen embargo, pola gran acollida de público, que superou as sesenta persoas, decidiron darlle un extra e subir ao veciño monte de O Pedroso para gozar dunhas vistas inmellorables.

Esta é zona limítrofe co municipio da Estrada e un dos elementos máis destacables é o castro de Arcos situado na parroquia do mesmo nome e que grazas á súa altura permite divisar os vales de Cuntis e Vexa, as terras de Tabeirós, no termo municipal de Estrada, Pico Sacro e Castro Sebil, o monte Xesteiras e mesmo a ría de Arousa. Ademais, colocouse nese miradoiro un banco de granito que foi o gran protagonista das fotos xunto coa Lagoa de Zo.

Pero non só estes dous puntos resultaron fascinantes para os sendeiristas, se non que, o bo facer dos guía descubriu inclusive plantas carnívoras nunha turbeira que deixaron aos asistentes totalmente fascinados.

O alcalde Manuel Campos e a tenente de alcalde Conchy Campos participaron no roteiro e incluso o propio rexedor se animou a dar algunha explicación ao ser un gran coñecedor da zona.

O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, quedou impresionado da boa acollida que tivo o roteiro e recoñeceu que “nun principio non contabamos con tan boa acollida o que nos obrigou a contratar un bus que levou aos sendeiristas dende o centro da vila ata o punto de saída e así evitar o colapso”

Ademais recordou a importancia de facer estes roteiros para valorar o noso patrimonio, posto que “o que non se coñece, non se valora”.