Arredor dun cento de nenos e nenas de 3º, 4º e 6º de Educación Primaria do CEIP A Pedra visitaron este xoves o composteiro sito nos Xardíns de Urbano Lugrís, onde os recibiu o mestre composteiro encargado deste servizo de reciclaxe orgánica posto en marcha desde a Deputación de Pontevedra.
Nas visitas, os alumnos tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man como funciona este método, no que actualmente están participando sesenta veciños.
Os nenos tamén se encargaron de peneirar a materia final para facer o abono e foron agasallados cunha bolsa de compost e cun diploma de "mestre composteiriño".
Este acto forma parte da campaña do Plan Revitaliza no que están a participar escolares de toda a provincia.
Este xoves pola tarde, tamén en Bueu, repartiuse compost entre os usuarios que actualmente veñen utilizando este composteiro.
Ademais, deuse información sobre o novo que vai comezar a funcionar proximamente na rúa Xosé María Estévez.