Degustación de peixe e marisco na Praza de Ourense

Pontevedra
20 de marzo 2023

Este luns 20 de marzo, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luís López, presenta a campaña promocional 'Galicia sabe aMar' impulsada pola Consellería do Mar na Praza de Ourense, Pontevedra

Presentación da campaña 'Galicia sabe aMar' Xunta de Galicia

Este luns 20 de marzo, Luís López, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, presenta a campaña promocional 'Galicia sabe aMar' impulsada pola Consellería do Mar na Praza de Ourense.

López animou a consumir os peixes e mariscos de Galicia nas xornadas do trinque da foodtruck da campaña promocional. O representante autonómico comenta que "son os mellores do mundo por calidade, variedade e frescura e porque permiten ter unha alimentación saudable".

O delegado territorial comenta que esta campaña a parte de promocionar o produto galego tamén rende homenaxe aos traballadores que forman parte da cadea mar-industria.

A iniciativa para publicitar o produto das rías galegas estará dispoñible ata este mércores 22 de marzo. Os tres días será na Praza de Ourense e trátase dunha degustación gratuíta do produto, tanto de mañá como de tarde. 

Esta campaña leva varias semanas recorrendo diferentes puntos da xeografía galega e seguirá ata chegar aos 260 concellos de toda España vinculados ao Camiño de Santiago.