Denuncian a pasividade das administracións coas verteduras de fecais ao río Gafos

Pontevedra
01 de xuño 2020

Os alumnos da Escola de Capataces de Lourizán que están a realizar prácticas no río Gafos detectaron un vertedura de fecais a poucos metros do lugar no que están a traballar

Lugar da vertedura no río dos Gafos
Lugar da vertedura no río dos Gafos / Vaipolorío

Os alumnos da Escola de Capataces de Lourizán que están a realizar prácticas no río Gafos detectaron unha vertedura de fecais a poucos metros do lugar no que están a traballar.

Estes alumnos quedaron sorprendidos de que un río que está declarado Espacio Natural de Interés Local (ENIL) sofra unha vertedura ilegal que contravén a lexislación local, autonómica, estatal e a Directiva Marco Europea da Auga. 

O alumnado, xunto a Asociación Vaipolorío denuncian a "pasividade" tanto do Concello, coma de Augas de Galicia e da propia Xunta. Animan a todos estes organismos a que se tomen as medidas oportunas para afastar o alcantarillado (máis de 20 alcantarillas na zona máis transitada do sendeiro) do ENIL, e depurar as augas en cumplimento da lexislación. 

"É unha vergoña que a cidadanía non poida desfrutar dun espazo natural fluvial, e que as nais e pais teñan que estar pendentes de que as súas fillas e fillos non se bañen nun río que conta cun rosario de pozas que farían as delicias dos pequenos", salientaron dende o colectivo ecoloxista.