O micólogo pontevedrés Jaime B. Blanco Dios, presidente da Asociación Micolóxica Brincabois de Pontevedra, publicará no próximo número da revista Tarrelos a descrición dunha nova variedade de Armillaria gallica que dedicará ao termo municipal de Marín onde se atopou.
Exemplares deste cogomelo foron atopados durante o pasado outono baixo os carballos americanos da contorna do lago Castiñeiras por Juan Manuel Pérez e Miguel Lameiro, destacados membros da citada asociación Brincabois.
Esta especie caracterízase especialmente pola ausencia do característico anel que presentan este xénero de fungos.