Os traballos arqueolóxicos que o Concello desenvolve nos terreos escollidos para situar o campo de fútbol de Salcedo, no lugar de Cabanas, acaban de descubrir un novo petróglifo na zona. É unha combinación de círculos concéntricos (son tres círculos cunha pequena coviña) e a poucos metros unha coviña aillada.
Xa se limpou toda a superficie de afloramento deste petróglifo sen que aparecese ningún achado novo, e tamén se están a facer catas mecánicas para complementar a intervención e detectar a posible presenza doutros restos vinculados a este petróglifo como cerámica, por exemplo.
Está previsto que o mércores rematen os traballos sobre o terreo, no que tamén se fará un levantamento topográfico do achado. E a continuación comezará o traballo de documentación.
Cabe lembrar que nesta zona está catalogado un petrógiflo coñecido como Do Cruceiro/ Monte do Castro, que está fóra dos terreos escollidos para instalar o campo de fútbol.
Mentres non rematen os traballos dos arqueólogos, non se poderá tomar unha decisión sobre como afecta este achado ao proxecto do campo de fútbol.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.