Detido un home de 37 anos por un suposto delito de violencia de xénero

Pontevedra
19 de febreiro 2017

Unha patrulla acudiu ao domicilio para entrevistar á suposta vítima quen lles explicou que, tras unha forte discusión con este home, el tratou de botala de casa mesmo tentando facelo pola xanela, causándolle lesións. O home foi detido  

Axente da Policía Local de Pontevedra Mónica Patxot

Axentes da Policía Local de Pontevedra detiveron ás tres da madrugada deste sábado a un home de 37 anos por un suposto delito de violencia de xénero.

Segundo informaron fontes oficiais da Xefatura local, os axentes trasladáronse a un domicilio tras recibir unha chamada por unha agresión a unha muller.

Ao chegar o presunto agresor atopábase na vía pública, manifestando que tivera unha discusión coa súa parella e que lle botara de casa.

Unha segunda patrulla acudiu ao domicilio para entrevistar á suposta vítima quen lles explicou que, tras unha forte discusión con este home, el tratou de botala de casa mesmo tentando facelo pola xanela, causándolle lesións nunha man.

O home foi detido.