Detidos tres mozos tras intentar arrastrar co seu coche á Policía Local e golpear varios axentes con patadas e puñazos

Pontevedra
01 de maio 2015

Tres mozos que foron sorprendidos pola Policía Local facendo trompos co seu coche no campus, foron detidos despois de fuxirse, arremeter co seu coche a un vehículo patrulla e golpear os axentes

Axentes da Policía Local de Pontevedra Mónica Patxot

Tres mozos que foron sorprendidos pola Policía Local facendo trompos co seu coche no campus foron detidos despois de fuxir, arremeter co seu coche a un vehículo patrulla e golpear os axentes.

Segundo informaron fontes oficiais da Xefatura da Policía Local de Pontevedra, o incidente tivo lugar na tarde-noite do xoves cando os axentes dunha patrulla que estaba de servizo no campus universitario observa como un Volkswagen Golf realizaba arrancadas bruscas, aceleróns e trompos nun vial sen saída.

Neses momentos había no campus numerosos mozos que participaban na celebración de Santa Katabirra, a festa patronal dos alumnos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Ante o perigo que supoñía esta condución temeraria os municipais procederon a darlle o alto ao vehículo.

Cando os axentes chegaron á altura do condutor, este acelerou obrigando un deles a botarse a un lado para evitar ser atropelado. Iniciouse entón unha persecución pola zona urbana ata que un coche patrulla conseguiu bloquear o paso do Golf na rúa Alexandre Bóveda pero, de novo, cando os axentes se dispoñían a identificar os ocupantes, o condutor arrancou bruscamente golpeando o vehículo oficial, momento no que se detivo.

Foi entón cando os policías conseguiron abrir a porta do condutor, un mozo de 21 anos, que tivo que ser engrilletado, ao igual que os seus acompañantes, outros dous mozos de 22 anos que reaccionaron con patadas e puñazos ao requerirlles súa documentación, intentando un deles fuxir a pé.