Dous condutores resultaron feridos nun accidente de tráfico que se rexistrou na VG-4.1, a vía rápida entre Sanxenxo e A Lanzada.
O sinistro foi ás once da mañá á altura do cemiterio de Noalla.
Un dos implicados, que circulaba en dirección a Sanxenxo, invadiu o sentido contrario.
Na súa manobra golpeou contra o lateral dun coche e embestiu a outro.
Nesta última colisión foi na que os dous condutores resultaron feridos.
Un deles, segundo confirmou o Concello de Sanxenxo, foi derivado ao hospital pero, en principio, non presenta risco vital.
O accidente produciu retencións importantes nesta vía, pero non foi necesario desviar o tráfico.