Esta mañá de domingo produciuse un accidente de tráfico na zona de Areas, no Concello de Sanxenxo, que obrigou a cortar a circulación en ambos sentidos debido ao impacto entre dous turismos.
Segundo informou o Concello, non se rexistraron feridos no sinistro.
A Policía Local de Sanxenxo realizou a primeira intervención, mentres que axentes da Garda Civil asumiron posteriormente a investigación sobre as causas do accidente.
As chuvias caídas ao longo da xornada sorprenderon a moitos condutores despois de varios días de tempo seco, o que contribuíu a un aumento dos sinistros viarios en toda Galicia.
O servizo de Emerxencias 112 Galicia contabilizou un total de 34 accidentes de tráfico entre as 13:00 e as 19:00 horas deste domingo 19.
En vinte destes incidentes foi necesaria asistencia sanitaria para algunha das persoas implicadas.
Entre os sinistros máis destacados figuran varios rexistrados en vías de alta capacidade.