A asociación Boa Vida e o Rotary Club uniron as súas forzas para impulsar unha campaña solidaria de recollida de xoguetes de cara a este Nadal.
Trátase da iniciativa "Agasallas reciclado? Crea economía local", coa que solicitan á cidadanía ou a empresas que doen xoguetes antes do 15 de decembro.
Os xoguetes, tanto usados como novos, poderán levarse ao longo destes días a calquera das tendas solidarias de Pontevedra (Rúa da Seca 3 e Santa Clara 35) e Vilagarcía (San Roque 11).
Aquelas empresas que queiran adherirse e facer a recollida no seu centro de traballo poden solicitar que Boa Vida vaia a recollelos solicitándoo no teléfono 605 399 142.
Os xoguetes entregados buscan facilitar os agasallos de Nadal ás familias, especialmente aquelas sen ingresos ou con rendas baixas.
Ademais, propoñen ceder agasallos solidarios e ecolóxicos que facilitan o emprego a persoas en situación de pobreza, reducen a contaminación e protexen o medio ambiente.