Dúas toneladas de alimentos recollidas na Semana da Solidariedade de Marín

Marín
22 de decembro 2021

Esta iniciativa, organizada polas ONGs en colaboración co Concello, implica ao alumnado de moitos dos centros educativos da vila.

Chocolatada solidaria en Marín Concello de Marín

A Semana da Solidariedade, organizada polas ONGs coa colaboración do Concello, conseguiu recoller cerca de 2.000 quilos de alimentos entre o alumnado dos centros educativos de Marín.

Desde o Goberno local e as asociacións, queren agradecer profundamente a colaboración a todos estes centros, entre os que están as Galiñas Azuis de San Pedro e de Seixo, a EEI O Grupo, a EEI Nosa Señora do Carme, o CEP Sequelo, o CEIP da Laxe, o CEIP Carballal, o CEIP Seixo, o CPR Inmaculada, o CPR San Narciso e o IES Illa de Tambo.

Ademais, as organizacións sociais da vila tamén queren destacar a importante aportación que supuxeron as chocolatadas solidarias dentro do programa de Nadal.