"É Nadal e faltas ti", talleres de apoio para afrontar a perda dun ser querido

Pontevedra
31 de outubro 2025

Co obxectivo de brindar apoio e acompañamento emocional, a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) organiza talleres para familiares que sufriron unha perda recente

Regalos de Nadal | Monika en Pixabay

O Nadal está ao virar a esquina, e con ela chegan emocións moi distintas. Para moitos, é tempo de ledicia, reencontros e celebración. Pero para quen perdeu recentemente un ser querido, estas datas poden ser especialmente difíciles, cheas de nostalxia, tristeza e incomprensión.

Co obxectivo de brindar apoio e acompañamento emocional, a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) organiza de novo os talleres grupais "É Nadal e faltas ti".

Estes talleres están pensados para familiares que sufriron unha perda recente —entre dous meses e un ano— principalmente por un proceso oncolóxico, aínda que tamén se valorará a participación de calquera persoa que estea a atravesar un duelo.

As sesións son gratuítas e estarán dirixidas por unha psicooncóloga da Asociación, nun espazo seguro onde compartir experiencias, recibir comprensión e aprender a afrontar o Nadal dunha maneira máis serena e saudable.

O aforamento é limitado (entre 6 e 12 persoas) e requírese inscrición previa a través do teléfono gratuíto 24 horas: 900 100 036.

Ademais, será necesaria unha entrevista previa de valoración para poder participar.

Portonovo acollerá un taller o 21 de novembro ás 11:00 horas no local da Avenida da Mariña, nº6, baixo. (Peche de inscricións: 19 de novembro ás 21:00 h); en Pontevedra será o 26 de novembro ás 16:30 horas (Peche de inscricións: 24 de novembro ás 21:00 h) e en Vilagarcía será o 27 de novembro, ás 11:00 horas, no local da Avenida Juan Carlos I, nº36 (Peche de inscricións: 25 de novembro ás 21:00 h).

Si estas datas resultan complicadas, o primeiro paso é non afrontar o duelo en soidade. Compartir sentimentos e recibir apoio profesional pode facer o Nadal un pouco máis levadío.