Ecoembes conciencia á cidadanía de Marín da importancia de reciclar pilas

Marín
26 de maio 2022

A concelleira de Medio Ambiente, Marían Sanmartín, visitou este xoves o posto instalado na Praza de España

A concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, visita o posto de Ecoembres na Praza de España de Marín Concello de Marín

Ecoembes iniciou este xoves no Concello de Marín a súa campaña Pontevedra Recopila, unha proposta medio ambiental que se está a desenvolver en distintos puntos da provincia e que ten por obxectivo concienciar á cidadanía da necesidade de reciclar as pilas, así como facilitar ese labor.

A concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, achegouse até o posto instalado esta mañá no entorno da parada de taxis da Praza de España. Desde Recopila, realizaron un traballo porta a porta por distintos establecementos hostaleiros que puidesen estar interesados en deixar recopiladores e colectores para a recollida destes productos.

Tamén se repartiron colectores para disintas estancias municipais. Recolleranse trimestralmente as pilas que se poidan xuntar para que despois Ecoembes poida reciclalas.

Durante a campaña de concienciación, as monitoras de Ecoembes trataron de explicar á cidadanía a perigosidade que supón non reciclar de xeito correcto as pilas.