Ediserpo acometerá as obras de accesibilidade na Avenida de Compostela

Pontevedra
27 de outubro 2014

A empresa Ediserpo acometerá as obras de accesibilidade na Avenida de Compostela. A xunta de goberno local do Concello de Pontevedra aprobou este luns a adxudicación desta reforma que conta cun presuposto de 122.930 euros

Un peón cruza na Ponte de Santiago PontevedraViva

A empresa Ediserpo acometerá as obras de accesibilidade na Avenida de Compostela. A xunta de goberno local do Concello de Pontevedra aprobou este luns a adxudicación desta reforma que conta cun presuposto de 122.930 euros.

O voceiro do goberno municipal, Raimundo González, informou que a empresa oferta determinadas melloras como a sinalización do aparcadoiro, un novo paso peonil, reparación de beirarrúas e supresión de barreiras.

Segundo o concelleiro Luis Bará o proxecto prevé habilitar tres pasos de peóns sobreelevados: un na cabeceira da ponte de Santiago na marxe dereita do Lérez; outro fronte ao Pavillón de deportes e un terceiro xunto á rotonda de Pasarón.

Ademais permitirase o paso de peóns e ciclistas na ponte de Santiago para permitir a permeabilidade habilitando un carril bici na rúa Enxeñeiro Rafael Areses, que irá dende a ponte de Santiago ata a dos Tirantes.