Educación converterá en centro integrado de FP o IES Montecelo de Pontevedra

Pontevedra
08 de xuño 2023

Pontevedra contará no próximo curso escolar cun novo centro integrado de Formación Profesional. Será o IES Montecelo, segundo recolle a proposta da Consellería de Educación que este xoves foi referendada polo Consello da Xunta na súa xuntanza semanal

IES Montecelo IES Montecelo

Pontevedra contará no próximo curso escolar cun novo centro integrado de Formación Profesional. Será o IES Montecelo, segundo recolle a proposta da Consellería de Educación que este xoves foi referendada polo Consello da Xunta na súa xuntanza semanal.

A transformación do instituto pontevedrés en CIFP, destacan desde o goberno galego, permitirá potenciar a oferta e establecer novas sinerxías co tecido socioprodutivo da comarca.

A conversión en centro integrado de FP do IES Montecelo contribuirá a que o centro poida reforzar a súa especialización na familia profesional de sanidade na área de Pontevedra.

Isto busca redundar nunha maior oferta de profesionais sanitarios.

Este será o terceiro CIFP de Pontevedra, onde xa existe un especializado en hostalería, restauración e turismo, o CIFP Carlos Oroza; e o CIFP A Xunqueira, que ofrece estudos en electrónica, servicios socio culturais, madeira, transporte ou mantemento de vehículos.