A compañía Ence ven de emitir un comunicado de prensa en relación ás verteduras detectadas nas últimas horas en augas da Ría de Pontevedra, á altura do novo paseo peonil contiguo á autovía de Marín.
Ence quere aclarar que "non gardan relación algunha" coa actividade da fábrica de Lourizán.
Segundo explican dende a empresa de celulosas, a infraestrutura pola que se evacúa este vertido "atópase moi afastada", preto de 2 quilómetros, do emisario de Ence e, en calquera caso, reitera que "non garda ningún tipo de vinculación coa compañía".
Por último, Ence asegura que o caudal de carácter líquido procedente da factoría chega ao medio mariño a través dun emisario submarino, "despois de ser depurado na planta de tratamento de Ence para evitar que impacte negativamente no medio receptor" e engade que trátase dun proceso "plenamente controlado e respectuoso co medioambiente, que en ningún caso supón unha afección para a Ría de Pontevedra".