O Entroido de Cobres desafía a choiva e mantén intacto o seu programa festivo

Vilaboa
16 de febreiro 2026

A Asociación Cultural decidiu manter o programa "tal e como estaba previsto" e celebrará o seu tradicional Entroido a pesar do mal tempo

Entroido de Cobres Concello de Vilaboa

O Entroido de Cobres volveu a demostrar que non hai nada que poida paralo.

Unha vez máis, a mocidade fíxose forte fronte ás inclemencias meteorolóxicas, e decidiu manter o programa previsto a pesar da choiva continua.

Entroido de CobresConcello de Vilaboa

A Asociación Cultural Cobres adquiriu chuvasqueiros transparentes para preservar os traxes, auténticas pezas de artesanía que forman parte do patrimonio inmaterial galego, sen renunciar á esencia visual de madamas e galáns.

O programa, a pesar do mal tempo, "manterase tal e como estaba previsto".

Ao Luns de Maghachos ten un toque musical coa verbena nocturna a cargo da Orquestra Magos e o Trío La Noche, continuando o martes coa sesión vermú do mediodía co Dúo Los Dinámicos.

A xornada estará acompañada de polbo, churrasco e gastronomía tradicional baixo a carpa, xogos populares pola tarde, e a Corrida do Galo presentada por Isi da TVG e Marci Varela. A Queima do Galo volverá ser o acto central do día, seguido da actuación da Fanfarria Furruxa e de DJ Gabry.

O Concello de Vilaboa reforza este ano o posto oficial de merchandising, con artigos como sudaderas, camisetas, botellas reutilizables, mochilas, tote bags, gorras, imáns, calcetíns e pulseiras, todos deseñados coas cores e símbolos característicos das madamas e galanes.

Entroido de CobresConcello de Vilaboa

Esta iniciativa busca reforzar o espírito do Entroido máis aló das datas festivas. "Non se trata só de adquirir un obxecto, senón de conservar unha parte da esencia que envolve a tradición centenaria", aseguran desde o Concello.

Cobres reafirma que a súa festa non depende do tempo, senón da vontade da xente que a sostén e que "non está disposta a deixar que nada lle quite o Entroido".

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora
Arquivado en