Esta mañá, ás 8:00 horas, rexistrouse un accidente de tráfico no viario Salgueira do Mato, na estrada EP-9208, na parroquia de Noalla, no municipio de Sanxenxo.
O sinistro ocorreu cando un vehículo en circulación saíu da vía e chocou contra outro coche que se atopaba estacionado nas inmediacións.
O vehículo que orixinou o accidente quedou envorcado en metade da vía.
Non se rexistraron feridos como consecuencia da colisión e só producíronse danos materiais en ambos os dous vehículos.
Tras o accidente, activáronse os protocolos de emerxencia.
Desprazándose ao lugar efectivos da Policía Local, a Garda Civil de Tráfico e o Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) para garantir a seguridade na zona e investigar as causas que provocaron o accidente.