Equipo Ja gana o certame de Murgas

Pontevedra
20 de febreiro 2026
Actualizado: 16:10

Nun Pazo da Cultura co patio de butacas completamente ateigado de xente, a agrupación arrincou as gargalladas e os aplausos coa súa divertida posta en escena de viúvas alegres

Actuación del Equipo Ja en el certamen de Murgas

O entroido pontevedrés xa ten vencedores. O grupo Equipo Ja volveu facer historia ao proclamarse, por terceiro ano consecutivo, gañador do Certame de Murgas na súa 34ª edición, confirmando que a súa fórmula de retranca, música e humor segue conquistando tanto ao público como ao xurado.

Nun Pazo da Cultura co patio de butacas completamente ateigado de xente, a agrupación arrincou as gargalladas e os aplausos coa súa divertida posta en escena de viúvas alegres.

O entusiasmo de centos de incondicionais foi constante durante toda a actuación, converténdoos nos máis ovacionados da noite.

O xurado non dubidou en apoiar ese fervor popular: outorgou a Equipo Ja un total de 70 puntos, suficientes para alzarse co Ravachol e os 1.200 euros do primeiro premio.

A clasificación quedou axustada nos seguintes postos, con Val do Lérez alcanzando 65 puntos; A Tropa de Moncha a Caralla, 59; Murga do Naveiro, 57; e Janas de Leria, 56.

Aquí podes ver o vídeo da final:

A final volveu demostrar a excelente saúde das Murgas pontevedresas e tamén das chegadas desde O Grove, que encheron o auditorio de sátira, actualidade e complicidade co público.

Co certame resolto, a programación festiva entra agora na súa recta final.

Esta noite de venres, a partir das 21.30 horas, as rúas e prazas do centro acollerán a Mostra da Parodia, antesala do esperado velorio e enterro de Ravachol.

O sábado, a longa tarde-noite de fúnebre porá o broche definitivo ao Entroido da Boa Vila, que un ano máis se despide entre risas, música e tradición

Arquivado en