A Escola Naval Militar organiza este sábado unha xornada de portas abertas

Marín
29 de maio 2025

Trátase dun dos actos organizados pola Escola Naval Militar con motivo do 'Día das Forzas Armadas'

Escola Naval Militar de Marín Mónica Patxot

Con motivo da conmemoración do Día das Forzas Armadas, a Escola Naval militar de Marín ten previsto celebrar, o vindeiro sábado 31 de maio, varios eventos para todas aquelas persoas que desexen asistir.

Será unha xornada de portas abertas con libre acceso, na que se poderá visitar a Escola Naval Militar en horario de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.

Inclúese a visita ao simulador de navegación e ao Patrulleiro 'Tabarca'.

Ás 19:00 horas haberá un concerto da Unidade de Música na Escaleira Monumental da Escola Naval.

Trátase dun lugar emblemático deste centro castrense onde tradicionalmente se desenvolven os actos de Xura de Bandeira e entrega de Reais Despachos.

Coa lema 'A nosa defensa, compromiso de todos', a celebración do Día das Forzas Armadas ten o propósito de "subliñar a identificación dos exércitos co pobo español, do que forman parte e ao que serven".

Desde a Escola Naval destacan que "os nosos militares son unha parte integrante da nosa sociedade, con gran vocación de servizo a España, que traballan día a día, tanto dentro como fóra das nosas fronteiras, o que contribúe á estabilidade internacional e á nosa seguridade e defensa, fundamento sobre o que se asienta o progreso, o desenvolvemento da nosa sociedade, así como os principios que a rexen".