Escolares e maiores, unidos pola lectura para celebrar o Día do Libro en Sanxenxo

Sanxenxo
23 de abril 2025
Actualizado: 17:54

Alumnos de terceiro e cuarto de Primaria repartíronse por grupos para realizar as lecturas de distintos títulos. Por parte dos maiores, entregáronse caraveis aos participantes

Escolares de Portonovo conmemoran o Día do Libro no centro de día de Sanxenxo

Escolares do colexio de Portonovo acudiron este mércores ao centro de día Virxe do Carme de Sanxenxo para celebrar o Día do Libro cos maiores.

Os 35 alumnos, de terceiro e cuarto de Primaria, repartíronse por grupos para realizar as lecturas de distintos títulos como Paco Trolas, Pétala, O meu avó Carmelo, O moco máis rico do mundo ou Mari Luz avestruz.

Na actividade participaron as concelleiras de Educación, Nati Parada, e de Servizos Sociais e Maiores, Paz Lago.

A dirección do centro de día quixo agradecer a visita coa colocación duns murais onde os nenos e nenas participantes puideron deixar a pegada das súas mans.

Ademais por parte dos maiores, entregáronse uns caraveis.

Foi, sen dúbida, unha xornada moi emotiva e distintas na que gozaron maiores e pequenos.