Esixen vixilancia no monte Acibal para evitar que continúen as obras do parque eólico malia a paralización cautelar

Umia
10 de maio 2024

Os colectivos ADEGA e Amil sen Eólicos piden ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que dispoña de forzas de seguridade públicas na zona para comprobar que tipo de tarefas se están a executar e demandan documentación á
promotora eólica, tras a orde de paralización cautelar emitida polo alto tribunal autonómico

Material de obra atopado pola veciñanza nas últimas horas no monte Acibal ADEGA

As organizacións Amil Sen Eólicos e ADEGA reclaman ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que vixíe as actuacións que está a desenvolver a promotora eólica Norvento no monte Acibal. 

Unha vez que o alto tribunal autonómico decidía paralizar de maneira cautelar as obras de construción do parque eólico neste espazo de Moraña, estes colectivos temen que se estea incumprindo a orde.

Residentes na contorna confirman que desde este mércores 8 de maio cando se coñecía o auto do TSXG que establecía a paralización inmediata, a actividade continuaba neste punto por varias empresas. 

A preguntas da veciñanza, responsables das empresas ofreceron, segundo estes colectivos, versións contraditorias sobre a súa presenza no monte Acibal. 

Denuncian, tamén, a contaminación do antigo nacemento do regacho de Matacabalos con distinto lixo de obra como plásticos ou parafusos.

ADEGA presentou denuncia nas últimas horas #nte o Seprona, a Policía Autonómica e a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Ademais, representantes do colectivo ecoloxista dirixíronse á Dirección Xeral da Garda Civil do Ministerio de Interior para demandar a intervención ante o risco de destrución de bens arqueolóxicos neste espazo natural.

ADEGA e Amil sen Eólicos estudan a posibilidade de presentar denuncia contra todas as empresas que traballan no proxecto eólico se continúan a "executar obras do parque no monte Acibal a pesar da orde de paralización do tribunal galego".

A empresa Norvento notificou ao TSXG que durante o xoves e este venres acometéronse " determinadas actuacións a fin de evitar que se produzan danos a persoas, animais ou á contorna natural, para que a paralización das obras realícese nas condicións necesarias de seguridade e protección ambiental".

A entidade advirte de que estas actuacións van manterse ata o 20 de maio, segundo ADEGA e Amil sen Eólicos. Por este motivo, ambos os colectivos piden ao TSXG que as forzas de seguridade comproben o carácter destas tarefas e que a empresa promotora acredite os traballos coa documentación correspondente.

Vídeo de ADEGA:

Arquivado en