O vindeiro martes 18 de novembro, de 18:30 a 20:30 horas, no centro asociado da UNED Pontevedra haberá un seminario no que, baixo o título "España, 50 anos despois: memoria, historia e transformación", os historiador Marcos Lorenzo Oliveira, experto en Monarquías Hispánicas, fará un percorrido polas últimas cinco décadas de historia.
Si algunha vez preguntaches como pasamos dos anos setenta á España de hoxe —entre ditaduras, movidas culturais e revolucións tecnolóxicas—, non te podes perder esta cita.
Durante dúas horas, os asistentes poderán reflexionar sobre como se construíu a memoria colectiva do franquismo, que papel xogou a democracia na modernización do país e como evolucionou a nosa identidade como sociedade.
A actividade, coordinada por Rafael Cotelo Pazos, forma parte do programa de Extensión Universitaria da UNED Pontevedra, pensado para quen gozan descubrindo, debatendo e comprendendo o presente a través do pasado.
A matrícula é totalmente gratuíta e, para aquelas persoas que participen activamente (polo menos un 85 % do tempo), entregarase un certificado de aproveitamento.
As inscricións están abertas na web de Extensión Universitaria da UNED Pontevedra, e a modalidade mixta garante que ninguén quede fose, estea onde estea.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.