A actividade de promoción da bicicleta e formación viaria "Ao InstienBici" realizarase o luns 9 no IES Xunqueira 2 despois de que pola mala climatoloxía fora suspendido o pasado venres 6. De martes 10 a venres 13 a actividade pasa ao Sánchez Cantón.
A actividade está a ter unha gran acollida entre centros e alumnado que aprende a usar a bicicleta de forma correcta e segura.
Trátase dunha iniciativa que conta coa colaboración do Concello de Pontevedra e a unidade de formación da Policía Local de Pontevedra.
A asociación Pedaladas está a financiar este programa a cargo dos fondos que recibiron da carreira PonleFreno.
Grazas a colaboración do concello están a estirar ao máximo os recursos dos que dispoñen polo que aínda teñen orzamento para incluír a máis institutos ou colexios nesta formación practica e teórica, polo que fan un chamamento ás comunidades educativas ou ANPAS interesadas en que se realice a actividade no seu centro a escribirlles a asociacionpedaladas@gmail.com.