Hijos de Rivera, empresa fabricante da cervexa Estrella Galicia, adquiriu dúas parcelas do polígono industrial de Barro-Meis, segundo informou este xoves a Deputación de Pontevedra.
En concreto, a compañía ocupará máis de cinco mil metros cadrados.
Neles, Hijos de Rivera prevé facer un investimento superior aos 900.000 euros.
Os plans da empresa cervexeira son instalar no polígono un novo centro de distribución dos seus produtos.
Por estas dúas parcelas, a empresa deberá pagar á administración provincial unha cantidade superior ao medio millón de euros.