Estudantes universitarios agochábanse tras os trampantollos de homenaxe a Casares

Pontevedra
18 de maio 2017

Seis estudantes de Belas Artes e Ciencias Sociais son os autores das tres obras realizadas con cintas azuis proxectadas sobre as rúas e muros da cidade. Agardan que se manteñan durante todo maio, mes da lingua

Imaxe de Carlos Casares na praza de Barcelos PontevedraViva

Os autores das tres accións artísticas que, durante estes últimos días, sorprenderon a numerosas persoas en Montero Ríos, a praza da Pedreira e en Barcelos saían á luz este xoves 18, tras a celebración do Día das Letras Galegas. Trátase de estudantes de Belas Artes e de Ciencias Sociais que, aproveitaban as noites para levar a cabo estes traballos creativos.

Daniel Alonso, un destes artistas, explicaba co concelleiro Alberto Oubiña que, a través desta proposta, pretendían realizar unha homenaxe ao escritor ao que se lle dedicaba o Día das Letras deste ano empregando os traballos da Galiña Azul e de Vento ferido nas obras que se poden observar nas tres creacións co uso dunha orixinal perspectiva visual que se prolonga desde o chan ata os muros destes espazos.

A fórmula seleccionada é respectuosa coa contorna xa que as cintas azuis utilizadas non danan a contorna. Os autores recoñecían que algún destes traballos, que se poden considerar "trampantojos" xa sufrira danos ao tentar ser retirado por parte dalgunha persoa que tentaba retirar estes elementos. 

O obxectivo dos novos artistas é que estas obras creativas permanezan ata que pase o mes de maio, mes "da lingua". Daniel Alonso, Andrea Vizcaíno e Alejandra Iannone manifestaban este xoves que lles gustou achegarse "de incógnito" polos seus traballos e coñecer as reaccións dos espectadores. 

Arquivado en