Evacuada unha muller que se golpeou a cabeza contra as rocas na illa de Ons

Bueu
20 de agosto 2022

Nun principio, os equipos de intervención expuxeron a posibilidade de mobilizar ao helicóptero de rescate, pero esta opción foi descartada polo equipo médico ao indicar que o traslado por vía marítima sería o máis aconsellable diante da situación da paciente

Barco Salvamar Mirach, de Salvamento Marítimo Salvamento Marítimo

Unha muller necesitou a axuda dos servizos de emerxencia ao mediodía deste sábado despois de sufrir unha lesión na Illa de Ons.

Segundo a información facilitada polos profesionais sanitarios, que se puxeron en contacto co 112 Galicia ao fío das 13:30 horas, esta moza estaba bañándose no mar e chocou contra unha roca ao tirarse a auga. 

Enseguida, desde o 112 pasouse aviso aos membros de Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia.

Nun principio, os equipos de intervención expuxeron a posibilidade de mobilizar ao helicóptero de rescate, pero esta opción foi descartada polo equipo médico ao indicar que o traslado por vía marítima sería o máis aconsellable diante da situación da paciente.

Así, a embarcación Salvamar Mirach, de Salvamento Marítimo, efectuou o traslado da persoa ferida ata o peirao de Bueu co fin de facilitar a súa posterior evacuación ao centro médico.