Expertos científicos internacionais analizan en Pontevedra as proteínas vexetais para o futuro

Pontevedra
06 de maio 2015

As proteínas das leguminosas que se atopan nas xudías ou nos chícharos son fundamentais para a alimentación humana, segundo apuntan os expertos que participan neste simposio

Simposio internacional sobre proteínas vexetais para o futuro
Simposio internacional sobre proteínas vexetais para o futuro / Deputación de Pontevedra
A importancia do consumo de proteínas vexetais /

Pontevedra acolle ata o 7 de maio a expertos científicos internacional que apostan pola investigación de cultivos proteicos, entre os que destacan os legumes. Trátase dun simposio sobre as 'Proteínas vexetais para o futuro', organizado polo CSIC e que se desenvolve no Liceo Casino coa presenza de ao redor de 150 científicos.

Antonio de Ron, profesor de investigación do CSIC, e director científico do simposio, sinala que as proteínas vexetais, que se atopan nas xudías ou nos chícharos e tamén no amaranto ou na quinoa, deben ser parte fundamental da nosa dieta porque os seres humanos "tenemos que nutrirnos tanto de proteína animal y vegetal" e apunta que as proteínas vexetais, a diferenza das animais, non veñen asociadas con graxas "porque cuando comemos un filete, esas proteínas vienen asociadas a grasas, algunas beneficiosas y otras no", sinala o profesor da Misión Biolóxica.

O experto sinalou que en Europa hai un déficit do 70% de proteínas vexetais e apunta que se realiza un traballo lento con variedades como as leguminosas ou outros cultivos comprobando a adaptación aos diferentes ambientes. Entre os temas que se están a tratar no simposio analízanse as posibilidades do campo galego como espazo para o cultivo destas proteínas vexetais, que se poden destinar non só ao consumo humano senón tamén animal, a través da elaboración de piensos.

Neste simposio están a debatirse tamén temas como as pragas en enfermidades e o papel das proteínas na alimentación, como a tolerancia ao glute.