O CSIC nomea a Elena Cartea González directora da Misión Biolóxica de Galicia

Pontevedra
22 de xuño 2015

É investigadora científica do CSIC e forma parte do Grupo de Xenética, Mellora e Bioquímica de Brásicas da MBG, centro no que leva desenvolvendo a súa carreira científica dende o 1991 do que, dende abril de 2011, era vicedirectora

Elena Cartea e Ana María Butrón
Elena Cartea e Ana María Butrón /

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) nomeou Elena Cartea González, investigadora científica do CSIC, directora da Misión Biolóxica de Galicia (MBG), e Ana María Butrón Gómez, científica do CSIC, vicedirectora.

Elena Cartea González (Vigo, 1967), que é a responsable do Grupo de Xenética, Mellora e Bioquímica de Brásicas, era dende abril de 2011 vicedirectora da MBG e releva no cargo a Pedro Revilla Temiño, do Grupo de Xenética e Mellora de Millo.

A Misión Biolóxica de Galicia é o centro de investigación máis antigo do CSIC en Galicia.

Fundada por en 1921 en Santiago de Compostela, trasladouse a Pontevedra, grazas ao apoio da Deputación, en 1928.

A súa sede está en Salcedo, onde ocupa un terreo de 12 hectáreas con tres edificios principais: o Pazo de Gandarón, Cruz Gallástegui e Miguel Odriozola.

O centro, adscrito á Área de Ciencias Agrarias, ocúpase do estudo dos principais cultivos de Galicia, abranguendo diversos aspectos de conservación e caracterización de recursos fitogenéticos, mellora, xenética e resistencia a estreses do millo, a vida, o feixón, o chícharo, as brásicas e os piñeiros.

Na actualidade, traballan na MBG 75 persoas, das que 13 son científicos en equipo e oito investigadores postdoutorais, e o centro conta con seis grupos de investigación.