Falece un veciño de Vilanova tras sufrir un accidente co tractor que manexaba

O Salnés
09 de febreiro 2019

O tráxico suceso produciuse pasadas as once da mañá deste sábado no lugar da Pantrigueira. Os servizos de emerxencia desprazados ao lugar non puideron facer nada por salvar a vida do home

Tractor David Blangstrup / Flickr

Tráxico suceso o acontencido na mañá deste sábado 9 de febreiro en Vilanova de Arousa.

Un home, veciño do municipio, perdeu a vida despois de sufrir un accidente co tractor que manexaba.

A incidencia tivo lugar pasadas as 11:00 horas da mañá no lugar da Pantrigueira, segundo informa o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia.

Ata o lugar desprazáronse profesionais do 061, pero nada puideron facer por salvar a vida do home. Tamén acudiu unha dotación dos Bombeiros do Salnés, pero non foi necesaria a súa intervención.

Completaron o dispositivo de emerxencia efectivos de Policía Local e Garda Civil, que tratan agora de esclarecer as circunstancias que provocaron o accidente.