Falecen por covid-19 na área sanitaria un home procedente da Residencia Soremay e unha muller da Residencia de Vilaboa

Pontevedra
07 de decembro 2020

Unha muller de 95 anos e un home de 90 convértense na últimas vítimas mortais por covid na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Con estas dúas mortes o número de persoas que perderon a vida nesta área ascende a 62. Na Residencia Doral de Mos faleceron sete persoas, que se notificaban este luns pola Consellería de Sanidade unha vez confirmada que a súa morte era por coronavirus

Residencia Soremay de Pontevedra
Residencia Soremay de Pontevedra

Unha muller de 95 anos e un home de 90 falecían no Hospital Montecelo e no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez de Pontevedra durante as últimas horas. Ela procedía da Residencia de Vilaboa e el da Residencia  Soremay de Pontevedra. 

Con estes dous últimos falecidos, a cifra de Pontevedra - O Salnés ascende a 62 vítimas mortais por covid-19, con cifras moi preocupantes durante o últimos dez días na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

A Consellería de  Sanidade facilitaba unha cifra de 16 persoas que falecían nas últimas horas por coronavirus en Galicia. 

Ás dúas vítimas mortais de Pontevedra súmanse un home de 86 anos no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo; un home de 89 anos no Complexo Hospitalario da Coruña; dúas mulleres de 89 e 90 anos na residencia de Vilalba; un home de 82 anos que procedente desta mesma residencia de Vilalba falecía no Hospital Universitario Lucus Augusti; unha muller de 92 anos no  Complexo Hospitalario de Ferrol e unha muller de 86 anos que  pería no Hospital  Virxe dá Xunqueira de Cee.

A estes casos, o SERGAS  notofica tamén este luns que na Residencia Doral de Mos faleceron sete persoas na segunda quincena de novembro. Notifícanse nesta xornada porque foi nesta xornada cando se validou que faleceron por covid-19. Estas sete novas vítimas teñen todas edadas por encima dos 90 anos de idade.

Con estas novas vítimas, Galicia sitúa o número de falecementos en 1.273 persoas.