Falta de acordo entre Concello e 'Parque digno para perros'

Pontevedra
15 de maio 2014

O concelleiro de Sanidade Animal, Miguel Filgueira, mantivo este mércores unha reunión coa Asociación que reclama un parque digno para cans

Protesta do colectivo "Por un parque para perros" PontevedraViva

O concelleiro de Sanidade Animal, Miguel Filgueira, mantivo este mércores unha reunión coa Asociación ⿿Parque digno para perros⿿. Miguel Filgueira reiteroulles que o Concello aposta pola convivencia pacífica entre cidadáns e animais no espazo público "coma sempre, presidida polo sentido común".

O colectivo de propietarios prantexou unha posible repartición de espazos por horarios e situacións, unha opción que vai ser estudada dende o Concello.

O concelleiro lembrou que esta polémica trasladouse ao plano público cando a Policía iniciou unha campaña de control de cans na rúa. Nesta ocasión impuxéronse 15 multas, das cales 10 foron a animais potencialmente perigosos por camiñar pola rúa, de día, sen correa nin bozo. Dende a Concellaría lémbrase que o Concello ten censados 10.000 cans chipeados dende 2009, "polo que as 15 multas impostas son unha porcentaxe irrisoria en función do número de animais chipeados, e moito máis si se ten en conta os que non o están".

A pesar das críticas procedentes deste colectivo, o concelleiro anunciou que o Concello non deixará de cumprir o bando a este respecto. ÿ dicir, non deixará de controlar os animais na vía pública, especialmente en horas de gran afluencia de persoas na rúa, e non rebaixará as contías das multas que poden chegar a un máximo de 300 euros, porque así está fixado no bando.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora