Ferida a condutora dun patinete nun accidente en Sanxenxo

Sanxenxo
03 de abril 2025
Actualizado: 13:58

Segundo informou o Concello de Sanxenxo, a condutora tivo que ser trasladada a un centro sanitario para ser atendida das feridas sufridas

Accidente en Baltar Concello de Sanxenxo

Unha persoa que conducía un patinete resultou ferida nun accidente de tráfico ocorrido este xoves en Sanxenxo.

Segundo informou o Concello de Sanxenxo, a condutora tivo que ser trasladada a un centro sanitario para ser atendidas das feridas sufridas.

Estas mesmas fontes indican que se tratou dun atropelo.

O accidente produciuse ao redor das 9.00 horas na rotonda da estrada PO-308, en Baltar.

Ao lugar do suceso acudiu unha ambulancia de soporte vital básico de Urxencias Sanitarias 061.

Tamén acudiron axentes da Policía Local de Sanxenxo.