Ferido un traballador tras caer polo oco do ascensor nunha obra de Pontevedra

Pontevedra
01 de xuño 2026
Actualizado: 14:35

O traballador caeu desde unha altura aproximada de dez metros. Unha vez rescatado polos bombeiros, o ferido foi atendido polos servizos sanitarios

Accidente laboral nunha obra en Eduardo Pondal

Un traballador resultou ferido este luns tras precipitarse polo oco do ascensor nun edificio en construción situado na avenida de Eduardo Pondal, en Pontevedra.

O accidente produciuse ao redor das 12:30 horas.

Até o lugar desprazáronse efectivos do Servizo Municipal de Bombeiros, que participaron nos labores de rescate do operario.

Segundo informaron fontes do corpo de bombeiros, o traballador caeu desde unha altura aproximada de dez metros polo oco do ascensor do inmoble, que se atopa actualmente en fase de construción.

Unha vez rescatado, o ferido foi atendido polos servizos sanitarios desprazados ao lugar do suceso.

Posteriormente, foi evacuado en ambulancia consciente ao Hospital Montecelo para recibir atención médica.

Dende o 112 informaron que o ferido ten 66 anos de idade e presentaba múltiples lesións en varias partes do corpo, con al menos fracturas nunha perna e unha forte contusión na cabeza. 

Polo momento non transcenderon máis detalles sobre o estado de saúde do traballador nin sobre as circunstancias concretas nas que se produciu o accidente.

As autoridades deberán determinar as causas do sinistro laboral.