Ferido un ciclista nun accidente de tráfico en Cambados

O Salnés
23 de agosto 2023

O home sufriu un forte impacto rompendo o parabrisas do turismo sobre cuxo teito quedou a bicicleta  

Ferido un ciclista nun accidente de tráfico en Cambados Servizo de Emerxencias

Un ciclista resultou ferido este mércores despois de sufrir un accidente de tráfico en Cambados.

Segundo informaron desde o Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados o sinistro tivo lugar na Avenida de Vilagarcía. 

O home sufriu un forte impacto rompendo o parabrisas do turismo sobre cuxo teito quedou a bicicleta.

O ferido é un veciño da Illa coas iniciais C.A.R. que foi trasladado ao PAC de Cambados.