Folga indefinida dos traballadores de Elnosa a partir do 4 de xaneiro

28 de decembro 2017

Os traballadores de Elnosa acordaron este xoves convocar unha folga indefinida a partir do próximo 4 de xaneiro ante a falta de avances na negociación aberta coa dirección da empresa sobre o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) extintivo presentado 

Integrantes do comité de empresa de Elnosa con representantes de CC.OO. Mónica Patxot

Os traballadores de Elnosa acordaron este xoves convocar unha folga indefinida a partir do próximo 4 de xaneiro ante a falta de avances na negociación aberta coa dirección da empresa sobre o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) extintivo presentado. 

O comité de empresa mantivo varias reunións coa dirección de Elnosa para negociar o ERE extintivo presentado "sin que se producisen avances na negociación", de modo que este xoves optou por convocar unha asamblea de traballadores. No encontro informouse do estado das negociacións e acordouse convocar a folga. 

Segundo informou o presidente do comité de empresa, Avelino García, informaron aos traballadores das propostas presentadas pola empresa e o persoal valorou que "son totalmente insuficientes", tanto no que respecta as indemnizacions por despedimento como as novas condicions de traballo e salarios que se ofrecen para os traballadores que seguirían mantendo a relación laboral despois do cambio tecnolóxico do sistema de producción de cloro.

Ante esta situación de falta de avances, a asemblea de traballadores decidiu, como primeira medida de protesta, convocar unha concentración o dia 3 de xaneiro as 16.30 horas diante do Hotel Galicia Palace, lugar onde se celebran as reunions de negociación do ERE.

Como segunda medida, acordouse convocar unha folga indefinida de todo o plantel a partires do dia 4 de xaneiro. 

Arquivado en