O futuro pump truck de Baltar xa mostra o seu aspecto

Sanxenxo
25 de xuño 2026

As obras do pump track en Baltar e a mellora do centro de día, unidos ao acondicionamento do exterior do pavillón cunha estación de adestramento están a piques de concluír

Obras da pista pump truck de Baltar

Portonovo sumará sumará proximamente un novo equipamento deportivo municipal.

As obras do pump track en Baltar e a mellora do centro de día, unidos ao acondicionamento do exterior do pavillón cunha estación de adestramento están a piques de concluír.

Na pista de pump truck poderanse practicar diferentes disciplinas de nivel avanzado con 84,80 metros de percorrido.

O trazado poderase percorrer completamente cunha bicicleta sen a necesidade de pedalear e só a través de impulsos.

Dentro deste espazo, inclúese unha zona para descanso, descompresión ou quecemento conectado por dous puntos diferentes ás pistas do pump track. Nesta zona sitúase a área de descanso.

A empresa Narom é a encargada de realizar os traballos por 240.648 euros cos que se busca potenciar a zona de equipamento deportivo de Baltar, así como a integración de todas as zonas verdes baixo unha mesma estética.

A actuación inclúese dentro do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra.

Con este fin exponse a intervención da parte dianteira do pavillón como un proxecto paisaxístico que conecte coa zona verde do centro de día.

Alí estanse creando zonas de estancia sensiblemente planas na base do noiro e no encontro entre os dous espazos coa soleira do pavillón.

Obras do patio do centro de día de PortonovoConcello de Sanxenxo

A actuación inclúe a instalación de bancos de formigón prefabricado con zonas de asento en madeira maciza, unha zona de pavimento duro pola que se poida camiñar e unha zona para a práctica do xogo da chave doada por un usuario.

Na parte exterior traseira do pavillón está a realizarse unha senda realizada en zahorra cemento, ideal para a práctica deportiva, e unha zona central na que se colocará unha estación de adestramento.

Tamén se fará unha nova sementa de céspede natural, respectando o arboledo existente.

A iluminación de todas as zonas verdes realízase co mesmo tipo de báculo led, unificando a imaxe final das intervencións.