Non se entende o que din os actores, a música soa de maneira atroz, hai que soportar longas colas e unha tediosa espera... pero as xustas medievais seguen sendo o espectáculo que máis público reúne dentro da programación da Feira Franca. Un ano máis os aplausos atronaron no coso de San Roque durante a celebración do torneo.