Impulsan unha actuación "integral" na Xunqueira do Vao para mellorar o seu estado

Pontevedra
12 de febreiro 2018

Lograr que a Xunqueira do Vao estea en "perfecto estado de revista". Con ese espírito, o goberno municipal impulsa unha actuación que permitirá acondicionar todos os espazos públicos deste ámbito natural. Investiranse 195.376 euros

Xunqueira de Alba, Pontevedra
Xunqueira de Alba, Pontevedra / Bicicleando (https://www.flickr.com/photos/bicicleando/)

Lograr que a Xunqueira do Vao estea en "perfecto estado de revista". Con ese espírito, o goberno municipal impulsa unha actuación que permitirá acondicionar todos os espazos públicos deste ámbito natural. Investiranse 195.376 euros.

A empresa que se faga cargo destes traballos terá tres meses para executalos, polo que o Concello espera que estean terminados de cara o próximo verán.

Segundo explicou o portavoz municipal, Raimundo González, a pesar dos traballos de mantemento e reparación que se foron facendo de forma habitual, "maioritariamente" todos os elementos do mobiliario "teñen esgotada a súa vida útil".

Así, o Concello arrombará todo este espazo natural, utilizado por centos de pontevedreses para facer deporte ou pasear, sobre todo a partir da primavera.

O proxecto incluirá, entre outras actuacións, o pintado de todos os bancos, a mellora das fontes, o perfilado dos camiños, a retirada da base da ponte que se eliminou hai meses, a renovación dunha ponte inutilizada entre Pontecabras e o miradoiro, a mellora do propio miradoiro, a reparación do punto para avistar paxaros ou a limpeza do sistema de augas pluviais.

Esta actuación integral en toda a Xunqueira do Vao levará tamén a rehabilitación doutra ponte peonil paralelo ao reconstruído pola Deputación ou a mellora da unión deste espazo coa rúa Martín Códax.

Raimundo González asegurou que o proxecto xa está redactado e será licitado en próximos días.