Inauguran o aparcamento gratuíto de autocaravanas da praia fluvial de Ponte Caldelas

Ponte Caldelas
05 de xuño 2021

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, foi o encargado de inaugurar o estacionamento gratuíto autocaravanas da praia fluvial da Calzada, que entrará en funcionamento esta fin de semana

Estacionamento para autocaravanas en Ponte Caldelas
Estacionamento para autocaravanas en Ponte Caldelas / Concello de Ponte Caldelas

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, inaugurou o estacionamento gratuíto autocaravanas da praia fluvial da Calzada, que entrará en funcionamento esta fin de semana.

Para iso, o Concello instalou sinalización vertical para informar do acceso ó aparcamento de autocaravanas. Tamén colocou un panel informativo á entrada do propio aparcamento no que se informa da normativa que rixe o estacionamento.

Ademais, haberá estacas de madeira numeradas que dividen as prazas de aparcamento para delimitar cada unha das parcelas.

Con este aparcamento buscan que os turistas durman e desfruten dun "espazo máxico e, ó tempo, contar con todos os servizos do casco urbán de Ponte Caldelas, a menos de cinco minutos andando".

O aparcamento estará rexido pola normativa de uso do espazo que se elaborou para tal fin: só poderán estacionar autocaravanas durante un máximo de 72 horas; non se poderán despregar mesas, cadeiras ou toldos e os animais de compañía deben permanecer nos vehículos e só moverse para entrada ou saída.

Non se poden poñer en marcha xeradores de electricidade, haberá control sobre o ruído e para o vaciado dos depósitos as autocaravanas poderán usar a instalación xa dispoñible en Chan da Barcia.